jueves, 29 de octubre de 2015

Theremín

O theremín é un instrumento moi extraño e curioso, foi un dos primeiros instrumentos electrónicos inventados e o mais curioso é que para tocar este instrumento non necesitas manter contacto con el en ningún momento. Cómo funciona? é complexo e dificil de facer soar, pero o funcionamento do control de tono está basado nos mesmos principios utilizados na radio (principio heterodino). A frecuencia do xerador (media frecuencia) está controlada pola capacitancia existente entre a antena e o corpo do intérprete, dependendo da distancia entre ambos. Posteriormente esta señal é demodulada para obter sons nun campo de frecuencias de audio (20 Hz - 20 kHz). (Deixo uns enlaces ás palabras probablemente menos comprensibles para maior información)
E como soa este instrumento? A continuación un video para averigualo.

Funcionamento das guitarras

Cómo funciona unha guitarra? A verdade é simple, todo ten que ver cos trastes, que parten as cordas en determinados segmentos provocando un son determinado en cada traste, cada un correspondente a unha nota musical. Sempre e cando, por suposto, a guitarra esté afinada correctamente.