jueves, 17 de marzo de 2016

Musica Online

Existen moitas páxinas e programas cos que descargar música. Máis adiante gustaríame falar do marabilloso Jdownloader, que merece mención aparte.

Pero a páxina que hoxe vos presento, non só é válida para a descarga, senón que tamén se pode utilizar simplemente para escoitar música. A música que che apeteza, porque dispón dun buscador no que, para afinar máis a procura, escribes o nome do artista e o da canción e ao instante relaciónache unha serie de cancións posibles. En cada unha ofrecerá a opción de escoitala nese momento, descargala ou engadila a un playlist, que che serve para facer un recompilatorio das túas cancións favoritas que podes escoitar desde calquera computador conectado a internet sen necesidade de descargalas; simplemente accedendo á túa conta escoitarala en casa, no traballo?

Esta web require un rexistro previo para poder utilizar todas as súas opcións (sen rexistro tan só deixa escoitar as cancións), pero tranquilos, non vos levará máis de 2 minutos, deberedes encher todos os campos pero pódense poñer os datos e o correo que queirades. Unha vez terminado, pídenos un novo rexistro, para recibir noticias e ofertas, este pódese obviar e empezar xa a facer procuras picando arriba en new search.
Para os bloggeros sinalar que tamén existe a opción de copiar o código html da canción para pegala no teu blogue e poder dispoñer dela alí.

Douvos outra alternativa, trátase da páxina: http://www.mimp3.net/ que posúe a vantaxe de que non require rexistro para a maioría das funcións, aínda que para elaborar o playlist si o esixe, e ten algo de publicidade.

O funcionamento da procura de letras de cancións e vídeos resultoume moito mellor que o da páxina da que falei anteriormente.

Moi interesante tamén a posibilidade de ver, escoitar e descargarse os playlist doutros internautas; e para os "xoguetones" a posibilidade de botar un intre con xogos online.

En definitiva, trátase de dúas páxinas moi útiles sempre que non busques demasiadas rarezas musicais.

P.D.: A ver o que tardan en pechalas...

No hay comentarios:

Publicar un comentario