jueves, 3 de diciembre de 2015

O Banyo

O banjo ou banyo é un instrumento musical de 4, 5, 6 ó 10 cordas, constituído por un aro ou anel de madeira circular duns 35 cm de diámetro cuberto por un "parche" de plástico ou pel a modo de tapa de guitarra.2 O parche e o anel de madeira se ensamblan con parafusos metálicos (e o resonador de madeira que se engade posteriormente, tamén). A mestura de materiais que conforman o banjo consegue un dos instrumentos musicais co son máis característico e inconfundible que existen.

Banjo de catro cordas
-Orixe
Ese instrumento foi desenvolvido no século XIX en Estados Unidos, onde os músicos negros explotaron sobre todo as súas posibilidades rítmicas. Cara a 1890 entra a formar parte da música dixieland, e pronto se converte no instrumento musical por excelencia da música tradicional estadounidense.

Nas súas orixes, é aberto pola parte traseira (banjo openback), engadíndose no século XX un resonador de madeira a modo de peche. Confórmase así o banjo de bluegrass, con maior resonancia e volume que o seu irmán maior. Ata o día de hoxe, ambos os tipos de banjo seguen convivindo e son empregados dependendo do estilo musical.

Os banjos (openback e bluegrass) desenvólvense así mesmo durante o século XX en infinidade de instrumentos, variando a lonxitude do mastro e o número de cordas, e combinándose con outros instrumentos tradicionais.3 Xorden así os banjos plectrum (de 4 cordas), os tenores e tenores irlandeses (con mastro curto e 4 cordas), os banjoleles (banjo-ukeleles), as guitarras-banjos (banjo con mastro de guitarra), os mando-banjos (fusión de banjo coa mandolina) e outros. A familia do banjo é por tanto, moi numerosa.

Este instrumento dá un son moi característico ás bandas de country e jazz nas súas distintas modalidades, e a velocidade de pulsación das súas cordas varía duns estilos a outros, por exemplo, no bluegrass o ritmo é tan rápido que causa admiración.

No hay comentarios:

Publicar un comentario