
Características:
Guitar Pro permite manexar partituras de maneira moi sinxela e intuitiva pero moi profesional. Soporta ademais de 8 guitarras; varios tipos instrumentos como pianos, órganos, varios tipos de cordas, voces, percusión, efectos sintéticos, e outros efectos, contando cun total de 127 instrumentos posibles.
Desde a versión 5, Guitar Prol inclúe un novo sistema chamado RSE (Realistic Sound Engine) para reproducir o audio das partituras no canto do formato MIDI usado polas versións anteriores. Este sistema consiste na reprodución de sons de instrumentos reais previamente gravados, o que ofrece un son moi similar ao dun instrumento real. Este método de reprodución ten como inconveniente que consome gran cantidade de recursos do sistema.
Posúe ademais unha útil ferramenta para a construción de acordes. Conta con ferramentas para afinación de guitarras eléctricas e clásicas, ferramentas para a práctica de escalas, metrónomo, adestrador de velocidade entre outros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario