jueves, 5 de noviembre de 2015

Hidrolófono

Últimamente a choiva está presente dia sí, dia tamén pola entrada do outono. Esto faime pensar canto me gusta a auga e puxenme a investigar acerca dalgún instrumento que utilice este elemento o cal Tales consideraba o principio de todas as cousas.
Tras uns minutos dedicados á busqueda, atopei un instrumento bastante curioso: o hidrolófono. Este é un instrumento musical que se toca mediante un contacto directo ca auga (ou outros fluidos, ás veces) onde o son é xerado hidraulicamente. Os sons son producidos polo contacto do fluido cos dedos da persoa que o está tocando. O hidrolófono foi inventado e nomeado por Steve Mann, e utilízase coma unha experiencia sensorial para xente con dificultade visual.
 Funcionamento:
O musico bloqueará a corrente de auga dun burato en particular para así producir o son dunha determinada nota. Para que o son se produza, o sistema está conectado a unha membrana ou sensor que produce un son segundo a presion vaia cambiando.

Para maior infomación: Hidrolofono (esta páxina únicamente está dispoñible en inglés)

No hay comentarios:

Publicar un comentario