jueves, 12 de noviembre de 2015

Transistores





señales entrada y salida.

 Nos amplificadores, gracias aos transistores consíguese a intensidade dos sons e das señais en xeral. O amplificador posee unha entrada por onde se introduce unha señal débil e outra por onde se alimenta. A señal de saida vese aumentada grazas á aportación desta alimentación, seguindo as mesmas variacions de  onda que a de entrada.
A señal de entrada, de baixo nivel, da orde duns poucos milivoltios, aportana dispositivos coma o micrófono, sensores térmicos, luminosos, etc.
señales entrada y salida.Cando un amplificador realiza a función de elevar a señal que se aplicou a sua entrada, dise que produciu unha determinada ganancia. Podemos dicir que a ganancia dun amplificador é a relación que existe entre o valor da señal obtida á saída e á entrada. Dependendo da magnitude eléctrica que estemos tratando, podense observar tres tipos de ganancia: ganancia en tensión, ganancia en corriente e ganancia en potencia. 

Para comprender o funcionamento do transistor como amplificador, partirase do circuito da figura, no que o transistor conectase na configuración denominada de emisor común.
transistor emisor común.
O xerarador Veb asegura que a union base-emisor esté polarizada en sentido directo. Unha batería
Vc (Vc >> Vbe) proporciona a tensión de polarización inversa á unión do emisor.
O circuito de entrada, no que se aplicará a señal que se desexe amplificar, é o que contén á base e o emisor. O circuito de saída está conectado ás terminales do colector e do emisor. Rc é a resistencia de carga do circuito de saída.
Suporemos que, cando a tensión de entrada é nula (terminais de entrada cortocircuitadas), as correntes que circulan por cada terminal son Ie, Ib e I0, cos sentidos indicados na figura.
A continuación, calcularanse cales son os incrementos que se producen nestas intensidade se se modifica lixeiramente a tensión, aplicando unha ddp adicional á entrada.
Neste desarroio, admitirase que o incremento de tensión implicado, é o suficientemente pequeno para que as variacións de intensidade que provoca estén relacionadas linealmente con el.
Asimesmo, despreciaranse os efectos dinámicos producidos pola aplicación dunha diferenza de potencial, aplicada moi lentamente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario